Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Os perseguidores de soños’ no Teatro Pastor Díaz

pinchacarneiroPinchacarneiro presenta “Os perseguidores de soños” o sábado 11 de outubro a partir das 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro dentro do programa Buxiganga 2014. Esta peza teatral para todos os públicos ambiéntase nun lugar incerto do futuro. Todo segue máis ou menos
igual. Os soños foron prohibidos en nome do progreso e da súa convivencia harmónica. Nunha pequena vila, a banda de Atilana Sinclair dedícase
a traficar con eles. Rouba soños e véndeos. Unha parella de gardas civís espera a banda de delincuentes e agarda o momento de collelos. Colonio, o
fillo fuxitivo e renegado de Amilana, entorpece unha e outra vez o negocio da súa nai. Dous matóns deAtilana queren ascender na organización; un deles, Brutano, está namorado de Arnaldina, a fiel secretaria de Atilana, que á súa vez devece por Colonio. Outros dous matóns queren ser humoristas e Atilana confésase con don Alfredo, o seu amante e crego da vila, que está a rematar unha obra teatral que busca pacificar os ánimos de todos os implicados: unha lectura surrealista de Esta obra estrease co gallo da visita do «Papito», o enviado de Deus á terra. Realidade ou fantasía? Soño ou pesadelo? A fantasía
é imperfecta xa que a imaxinan as persoas e a realidade perfecta porque a escribe Deus? Somos parte dun argumento sen fin? Todo se complica.

Exit mobile version