Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares de Viveiro insterésanse polas instalacións prometidas para animais abandonados e a seguridade nas luminarias públicas

O Grupo Popular de Viveiro, a través do seu viceportavoz, Jaime de Olano, realizará no pleno deste 2 de outubro unha pregunta á alcaldesa da Corporación Municipal sobre o anuncio de construción dunhas instalacións nas que poder atender ós animais perdidos e abandonados en Viveiro en terros cedidos pola Comunidade de Montes de San Roque como anunciara o pasado mes de abril.

“Coñecedores dos antecedentes do equipo de goberno municipal respecto dos centros de animais, baste recordar o anuncio do anterior alcalde sobre a construción dun centro de animais abandonados por valor de 60.000 euros que finalmente quedou en nada pese a ter comprometida a axuda pola Xunta de Galicia, é polo que desde o Partido Popular nos diriximos á alcaldesa”, explica de Olano.

Nese sentido, preguntan polo estado destas obras de acondicionamento, o funcionamento das instalacións prometidas, as características legais e os demais permisos sanitarios e medioambientais do servizo.

Seguridade nas instalacións eléctricas de zonas públicas
Así mesmo, roga á alcaldesa que, con carácter urxente e inmediato, ordene a quen corresponda facelo a reparación “dunha situación potencialmente perigosa para a saúde e seguridade dos veciños e visitantes”.

Trátase duns cables que actualmente están ó aire na ponte da variante, aínda que tamén constataron problemas nalgún dos farois doutros espazos públicos de Viveiro coma o paseo marítimo e outras zonas de Covas. Polo tanto, os populares propoñen “a colocación do farol que falta na ponte da variante ou, como mal menor, coa colocación dunha tapa na base dun farol que non existe actualmente – facendo desaparecer os cables que actualmente están ó aire-, ademais de colocar tapas de acceso á conexión doutros farois situados no Paseo Marítimo e na Rúa dos Castelos na zona de Covas”.

Así mesmo, piden que se proceda a solicitar da Xunta de Galicia a información necesaria para adherirse, si así o estima conveniente, ao programa de auditoría das luminarias do Concello de Viveiro ou ben que solicite da concesionaria información suficiente do estado de mantemento e conservación das mesmas no noso concello.

Exit mobile version