Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas reclaman no Parlamento a reposición das emisións en Onda Curta de Raio Exterior de España

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 14. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, presentou unha proposición non de Lei no Parlamento na que lle reclama ao goberno galego a reposición das emisións en onda corta de Radio Exterior de España. o responsable socialista lembra que estas emisións son a única conexión que teñen coa realidade do Estado os mariñeiros embarcados en alta mar.

Apunta que este sector é “un dos mais afectados e indignados” por esta decisión anunciada por RNE, xa que “malia que pode parecer unha cousa menor para quen está en terra non é así para quen permanece illado en alta mar durante moitos meses”. Lembrou o caso dos palangreiros do Índico e do Pacífico, que poden chegar a facer mareas de mais de seis meses.

O “apagón” desta frecuencia, dixo, “leva a estas xentes que xa viven diariamente unha realidade dura e complicada a tempos do pasado, onde para saber algo e ter información terán que agardar a chamar a un familiar, unha chamada que normalmente se produce cada 15 ou 20 días”.

Os socialistas reclámanlle á Xunta que se dirixa ao goberno do Estado para que repoña as emisións en onda corta de Radio Exterior de España “de xeito inmediato”, ofrecendo así ás persoas embarcadas “a posibilidade de acceso á información”.

Exit mobile version