Site icon Crónica3.com A Mariña

O persoal do Porto de Alcoa cre que “non é suficiente o control do ébola que se fai ós mercantes procedentes de Guinea”

Vistos os últimos acontecementos referente aos casos de contaxio en España polo virus ÉBOLA, agora máis que nunca, ó persoal do Porto de Alcoa en San Cibrao parécelle escaso e arriscado que coa simple declaración do capitán do barco especificando que non ten ningún tripulante enfermo” se poida autorizar que este persoal poida desembarcar no porto e mesmo transitar polas vilas da Mariña.

Os traballadores opinan que dentro do noso lóxico descoñecemento médico do tema, bótase en falta que polo menos un representante sanitario coa formación sobre os protocolos específicos a manexar nesta enfermidade tan perigosa, sexa o primeiro en abordar o barco e realizar o mínimo control médico duns 20 tripulantes que adoitan navegar nestes mercantes, por suposto antes do cal se produza o contacto cos nosos traballadores; xa que son varias as empresas que interveñen na descarga mesmo entrando dentro do barco para realizar tarefas nas súas adegas, ou cumprimentar papeleo administrativo.

Dende Guinea, lugar de carga, ata San Cibnrao a travesía dura 7 días máis 4 días que tarda na súa descarga en ALCOA é tempo abondo para que un tripulante que embarcou aparentemente san, poida estar a desenvolver o virus e empezar aquí unha vez atracado, contaxiar á xente que este neses días en contacto. Este risco o temos que tomar en serio porque se pode producir unha catástrofe e os traballadores do Porto de ALCOA están preocupados traballando nesta situación.

JOSE MANUEL PIÑAR
Traballador do Porto de ALCOA en San Cibrao e representante do sindicato CSI-F no Comité de Empresa.

Exit mobile version