Site icon Crónica3.com A Mariña

Óscar Joyeros e Gato Pardo, nas posicións de arriba da Liga de Veteranos de Viveiro

Óscar Joyeros e Gato Pardo posiciónase no alto da táboa unha temporada máis xa na segunda xornada da Liga de fútbol sala de veteranos de Viveiro 14/15.

Ambos equipos suman 6 puntos despois de gañar os seus primeiros enfrontamentos. Nesta xornada, Óscar Joyeros impuxéronse a Juve Chavín
por 0 goles a 11, mentres que Gato Pardo gañou ante o Mesón A Fonte por 1 gol a 8.

Cofipesca tamén protagonizou unha das goleadas da xornada tras impoñerse por 5 a 0 ante o Mesón Os Arcos. A Curva venceu no partido ante O Recuncho (3-0), Flanagans conseguiu tamén os 3 puntos ante o Temple Bar (4-3); mentres que Mesón Lodeiro e Fórum se reparten 1 puntos tras empatar sen goles. O Mesón descansou nesta xornada.

Xornada 3
Fórum – Óscar Joyeros: luns 27 de outubro ás 20.30 horas.
O Recuncho – A Fonte: luns 27 de outubro ás 21.15 horas.
Lodeiro – Flanagans: luns 27 de outubro ás 22.00 horas.

Gato Pardo – Cofipesca: xoves 30 de outubro ás 20.30 horas.
Os Arcos – Juve Chavín: xoves 30 de outubro ás 21.15 horas.
O Mesón – A Curva: xoves 30 de outubro ás 22.00 horas.

Descansa: Temple Bar.

Exit mobile version