Site icon Crónica3.com A Mariña

Pedreira: “É unha pena que Estúa critique os orzamentos cando non fixo ningunha proposta nin conseguiu nin un só euro da Deputación para Cervo”

Cervo, 17 de outubro de 2014- A edil de Facenda, Yolanda Pedreira, cualificou de “predicible” a actitude do liberado político do BNG na Deputación, Xoán Estúa. Pedreira asegura que “todos os anos se limita a criticar os orzamentos pero sen aportar nada novo, nin facer propostas, nin moito menos conseguir que a Deputación, da que cobra cartos públicos, destine fondos para Cervo”.

A responsable de Facenda tamén considera que “con toda seguridade o liberado político presentará alegacións para tentar facer crer aos veciños que aportou algo aos orzamentos”.

A edil destaca as “contradicións” de Estúa no seu discurso: “Oponse radicalmente a que melloremos o campo de fútbol da Veiga, pero pon da súa parte para que o BNG na Deputación dedique 3 millóns de euros a reparar o pavillón de deportes dun concello veciño”. Polo tanto, para Pedreira o liberado político do BNG “terá que explicar por que non quere que Cervo teña instalacións deportivas de calidade pero si que as teñan outros concellos”.

Para a edil, a única explicación a esta actitude é que “lle molesta que as cifras económicas sexan positivas, que teñamos remanente de tesourería, que non teñamos débeda a provedores e lles paguemos ao día, que rebaixemos a millonaria débeda bancaria herdada, que invistamos en emprego, en saneamento e outros servizos básicos, que axudemos ás asociacións, e todo sen subir os impostos nos últimos tres anos”.

Exit mobile version