Site icon Crónica3.com A Mariña

Penabad agradece a Fomento o impulso dado ao polígono de Piñeira

Ribadeo, 08 de outubro de 2014.- O presidente do Partido Popular, Jesús López Penabad agradeceu a iniciativa do Ministerio de Fomento, a través da empresa pública SEPES, que acordou rebaixar un 30% o prezo das 45 parcelas do parque empresarial de Piñeira aínda dispoñibles.

MÚLTIPLES VANTAXES
O dirixente popular está convencido de que esta iniciativa servirá de revulsivo para atraer empresas e xerar novas oportunidades de emprego no municipio, neste caso, vinculadas ás mellores condicións de venda dos terreos, así como as vantaxes do seu emprazamento, próximo a autovía do Cantábrico, xa rematada.

Sinala López Penabad que o Ministerio de Fomento vén realizando importantes esforzos co obxectivo de potenciar esta área industrial e sacala do letargo que no que se atopaba cando os novos responsables ministeriais accederon ao cargo e asegura, que esta iniciativa, será unha das moitas que seguirán impulsándose no futuro, no ámbito industrial e empresarial.

AS ADMINISTRACIONS POPULARES COMPROMETIDAS
O presidente local dos populares de Ribadeo asegura ademais que estamos ante unha nova mostra de compromiso dunha administración xestionada polo Partido Popular en beneficio de Ribadeo. Este feito desminte o tan repetido discurso vitimista do alcalde, o nacionalista Fernando Suárez Barcia, que cunha man critica ao PP e pola outra non ten outro remedio que saír presumindo do bo facer das xestións impulsadas polas administracións con gobernos populares.

Exit mobile version