Site icon Crónica3.com A Mariña

Preguntas do PP de Viveiro sobre o Teatro Pastor Díaz para o vindeiro pleno

Viveiro, 20-10-14.- D. Jaime de Olano Vela, vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular e no seu nome, ao abeiro do establecido no artigo 97 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais formula as seguintes PREGUNTAS á Sr.a Alcaldesa sobre as que desexa obter, no próximo Pleno, a correspondente resposta ben sexa oral ou escrita:

O Teatro Pastor converteuse dende a súa rehabilitación, alá polo ano 2001, no centro da actividade cultural do noso municipio, con numerosa afluencia de veciños e visitantes. Nos últimos tempos, por desgracia, tivemos que soportar situacións moi desagradables: dende a falta de calefacción a cortes de luz por falta de pagamento das facturas pasando por problemas de goteiras no tellado e finalmente, nos últimos meses, o acordoamento dunha parte do aforamento debido a goteiras e humidades.

Este Grupo chamou a atención sobre estes problemas en repetidas ocasións dende hai anos e o certo é que dende o Concello nada se fixo ao respecto -polo menos que saibamos- xa que a información neste asunto é nula e cando a hai… digamos que non é de todo exacta”.

A preocupación aumenta ao confirmarse a nosa valoración sobre este asunto e coñecer que o pasado mes de xuño a empresa distribuidora -BEGASA- alertou o Concello de Viveiro das irregularidades en que está a incorrer con respecto á subministración de luz ao Teatro Pastor Díaz. No seu escrito, a subministradora conclúe que: “Actualmente, polo tanto, as instalacións eléctricas do punto de subministro referido (Teatro Pastor Díaz) foron identificadas como perigosas, podendo supoñer un risco para as persoas e cousas. Esta situación foi posta no seu coñecemento en diferentes escritos desde o ano 2006…” Finalizando así: “Ante a gravidade da situación descrita, insistimos na súa necesaria corrección antes do próximo 8 de setembro…”

Por todo isto, comprenderán e a ben seguro compartirán a nosa preocupación: problemas de filtracións e humidades unidos a unha instalación eléctrica irregular e perigosa para as personas e cousas resulta ser francamente alarmante, soamente comparable coa alarma que nos produce a absoluta pasividade por parte da Sra. Alcaldesa e o Concelleiro de Obras ante esta situación.

É polo anterior, que nos gustaría coñecer a resposta da Sra. Alcaldesa ás siguientes cuestións:
– Garante a Sra. Alcaldesa a seguridade das personas, moitas delas menores de idade, que utilizan o Teatro?
– Que se fixo ó respeito desta irregular situación que se alonga xa máis de 11 anos, e que a distribuidora califica como perigosa para persoas e cousas?
– Cumpriron co requerimento realizado pola empresa distribuidora?
– Considera a Sra. Alcaldesa que este tipo de “enganche” á rede é totalmente seguro?
– En caso de considerar a Sra. Alcaldesa que, en contra do manifestado por BEGASA, o suministro es seguro, pódenos indicar en que se basea para afirmar tal cousa e se existe algún informe técnico que avale a seguridade das instalacións do Teatro Pastor Díaz?
– Cal é o motivo exacto polo que se atopa acordoada unha parte do aforo do Teatro Pastor Díaz?
– Que fixeron desde o Concello para solventar esta situación?

Exit mobile version