Site icon Crónica3.com A Mariña

Promesas como papel de fumar

Alá por 1977, o entón candidato á presidencia do Goberno, Adolfo Suárez, utilizou unha fórmula ideada polo casi paisano e excliente Fernando Ónega, como parte dun discurso na pechadura da campaña electoral emitido por televisión . Neste discurso, Suárez repetía unha e outra vez a frase que dá título ao artigo de hoxe: Podo prometer e prometo, anunciando as accións que levaría a cabo si resultaba elixido Presidente do Goberno. Nun principio a frase foi tomada a burla por humoristas, pero algúns expertos aseguran que foi o espaldarazo definitivo para a vitoria nas eleccións xerais de Unión de Centro Democrático (UCD) e de Adolfo Suárez.

Eu, que non son novo, recordo o discurso, e tamen os chascarrillos da fraseciña en cuestión. E recordo, sobre todo, a fortaleza que tiña a palabra promesa. Era algo case solemne. A persoa que prometía empeñaba o seu honor ou dignidade. Si alguén prometía algo, era porque o ía a cumprir. Desde o teu compañeiro de pupitre ata o mismísimo Presidente do Goberno. Iso era antes, cando a sociedade en xeral, e os políticos en particular, tiñan principios.

Pero estes políticos actuais, que non teñen moral nin decencia, prostituíron a palabra promesa, e convertérona en algo vacuo. Nunha patochada. Así, esta xentuza realizou accións que non prometeron, ou o que é peor, prometeron non facer, como a subida do IVA, os recortes en Sanidade e Educación? Triturarón o Estado do Benestar, e non pasou nada. arruinaron o país cunha débeda de máis dun billón de euros, e non pasou nada. Teñen a varios membros do seu partido imputados por causas gravísimas, e segue sen pasar nada.
E por aquí neste norte galego o asunto das promesas e unha carallada, recordan? A Via rapida de san Ciprian a Ferrol, a T da Costa dende a Espiñeira a San Ciprian, a ampliación do Hospital, profesores pa os Institutos, servicios sociais….e un largo etc cuio recordo deveria facerlles caer a cara de vergoña a estes larpeirans.
Otero Regal.

Exit mobile version