Site icon Crónica3.com A Mariña

Raquel Asensio e Paloma Valín, últimas fichaxes do Durán Maquinaria Lourenzá

As dúas fichaxes esperadas polo técnico Juan Nécega para conformar unha plantilla de garantías no Durán Maquinaria Lourenzá de Nacional foron presentadas este martes. Trátase da alero Raquel Asensio e ala-pívot Paloma Valín.

RAQUEL ASENSIO
Alero. 30 anos. Procedente do Universitario de Ferrol case toda a súa carreira se desenvolveu en LF2. Tamén xogou no Bembibre, Ensino, Zamora e Ourense sempre sendo un referente anotador a nivel nacional. Tentará cubrir a baixa de Taimara Suero coa súa experiencia e calidade. Ademais, apúntase ó proxecto con ganas e ilusión por intentar seguir competindo nesta desputada categoría.

PALOMA VALÍN
Procedente das categorías inferiores do Ensino é o seu primeiro ano como sénior. Mide 1’80 metros e xoga de ala pívot.

O equipo debuta este sábado ás 18.30 horas no Trofeo da Festa da Faba no Municipal de Lourenzá no que se espera un fenomenal ambiente.

Exit mobile version