Site icon Crónica3.com A Mariña

Recepción en Ribadeo ó equipo de baloncesto Malabo Kings

malaboO Concello de Ribadeo ofreceu unha recepción no salón de plenos este xoves ó equipo de baloncesto Malabo Kings, de Guinea Ecuatorial, que estes días fai parte da súa pretempada en Ribadeo. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou a importancia que ten a presenza deste equipo tanto desde o ámbito deportivo pola calidade das instalacións coas que conta Ribadeo e das que poden disfrutar os equipos que se acheguen ata a vila, así coma pola proxección turística do concello. Ao acto asistiron os xogadores e o corpo técnico de Malabo Kings, que aproveitan o seu tempo libre para coñecer Ribadeo e os seus arredores. Na recepción participaron os concelleiros de Deportes e de Turismo, Vicente Castro e Ana Martínez, e os portavoces do PP e do PSOE, Manuel Valín e Eduardo Gutiérrez, respectivamente, ademáis do técnico municipal de deportes, Iván García. Malabo Kings estará en Ribadeo ata mediados do vindeiro mes de novembro. Hugo López, adestrador de Malabo Kings, destacou a acollida que lles brindaron tanto desde o Concello coma desde o hotel O Cabazo, no que están aloxados.

Exit mobile version