Site icon Crónica3.com A Mariña

Reparto de rifas no Mercado do Souto

Nova edición do MERCADO do SOUTO: MERCADO de PROXIMIDADE este domingo 26 de outubro. Se o tempo o permite terá lugar na Praza do Souto, e senón, no pavillón de Cervo, entre as 10.00 e as 14.00 horas. Trátase dunha iniciativa conxunta da Asociación de Consumo Ecolóxico Karrikanta maila Asociación Cultural Airiños do Xunco ligada ás tradicións locais, defensa dos pequenos produtores e a agricultura da comarca e que se desenvolve os segundos e cuartos domingos de cada mes. Nesta ocasión dará comezo o reparto de rifas nos postos para o sorteo dunha cesta de produtos que terá lugar o domingo 23 de novembro.

Exit mobile version