Site icon Crónica3.com A Mariña

Os concelleiros independentes de Foz reúnense cos veciños de Fazouro

Os concelleiros independentes do Concello de Foz Ramón Sixto, Enrique Cotarelo, Ana Villarino e Manuel Casabella informan dunha reunión veciñal este mércores día 15 ás 20.00 horas na antiga escola de Fazouro.

Trátase dunha nova xuntanza veciñal que continúa coas que están a facer en tódalas parroquias para informar aos veciños sobre “o motivo que nos levou a tomar a decisión de ter que abandonar o Partido Socialista”.

“A principio da semana que vén estaremos tamén na parroquia de Vilaronte e aproveitaremos tamén estas reunións para recoller as queixas que calquera veciño poida ter da súa parroquia”.

Exit mobile version