Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo acollerá este mércores un xantar informativo sobre emprendemento feminino

Ribadeo, 6 de outubro de 2014. O proxecto Emprendedoras de Galicia chega este mércores, 8 de outubro, a Ribadeo. Faino cuna xornada informativa, en horario matinal, coa que pretende dar a coñecer o traballo de emprendedoras galegas como Marga Vázquez, directora comercial da marca Secretos de Galicia. A conferencia enmárcase dentro do proxecto de asesoramento a emprendedoras Plataforma Emprendemento Feminino, e nela poderán participar todas as persoas que se inscribiran previamente na dirección de correo electrónico info@acisaribadeo.es ou no teléfono 982 120 565. Precisamente, a Asociación de Comerciantes, Industriales e Autónomos de Ribadeo, cederá as súas instalacións situadas na Avenida de Galicia Nº 20, 2ª Planta, para que se poida realizar nelas este xantar informativo entre as 09.30 e as 11.30 horas do vindeiro mércores.

Julio Sánchez Montoya, coordinador do proxecto Plataforma de Emprendemento Feminino, será p encargado de presentar en Ribadeo as bases deste plan de asesoramento empresarial. Farao despois de que Marga Vázquez expoña a súa experiencia como emprendedora na súa empresa Secretos de Galicia. Con esta marca Marga Vázquez logrou converterse nos últimos anos nun exemplo de éxito, comercializando productos galegos de vanguardia, ligados ós conceptos de natureza, cultura, costume, ciencia e deseño. A xornada terminará cunha reunión de networking feminino na que todos os participantes poderán aportar as súas ideas.

Exit mobile version