En aras de poder ofertar aos veciños de Barreiros actividades de diversa índole que favorezan o benestar xeral dos seus participantes se deseñou este programa deportivo no que para esta temporada 2014-2015 se van a impartir sete disciplinas deportivas, estando dirixidas por un lado nen@s e mozos nas que se ofertan as seguintes:
– Fútbol sala prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete
– Xogos predeportivos – que se desenvolven nos centros educativos de San Miguel e San Cosme. Esta actividade está dirixida aos nen@s de educación infantil dos respectivos centros.
– Atletismo e Tenis de mesa (son as 2 modalidades que se introducen coma novidade nesta temporada)
– Patinaxe
– Natación
E por outro lado para os adultos coa oferta de:
– Ximnasia – que se desenvolve en San Miguel e San Cosme
– Aerobic
Todas as disciplinas comezarán a impartirse dende o este 1 de outubro e finalizarán o vindeiro 30 de maio do 2015.
Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 662 090 374 ou ben remitir un mail ao enderezo: escolasdeportivasbarreiros@gmai.com.
O prazo de inscrición segue aberto polo que calquera persoa interesada en participar poderá inscribirse ao longo das vindeiras semanas.