Site icon Crónica3.com A Mariña

Teatro en Barreiros este domingo con Ardora en “Xustiza de lei”

Barreiros, 22 de outubro de 2014.- A Concellería de Cultura e Xuventude de Barreiros colabora coa posta en escena este domingo, 26 de outubro, da obra de teatro Xustiza de lei. A representación levarase a cabo a partir das seis da tarde no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. O grupo de teatro Ardora será o encargado de dar vida a esta obra que forma parte do proxecto teatral Buxiganga da Área de Cultura da Deputación de Lugo, a través da súa Vicepresidencia Primeira. A entrada é libre ata completar aforo.

Xustiza de lei
é unha comedia realista que esboza unha radiografía en clave de humor da situación de desamparo na que se ven envoltas as cidadás e os cidadáns cando esperan unha aplicación das leis con sentido común. O fío condutor desta obra de teatro é amosar supostas hipóteses e realidades inverosímiles que leven a analizar o resultado social de aplicar unha suposta xustiza interesada. Todo baixo o lema resumo da obra: Cando a xustiza morre, en quen pode confiar o pobre?

Exit mobile version