Site icon Crónica3.com A Mariña

Terceira tirada de bólos no centro social de Monte, en Xove

Xove, 21 de outubro de 2014.- Tarde moi agradable. Campo en perfectas condicións. 31 inscritos, cunha excelente participación Sub 16 (9 inscritos) e na Liga Senior Feminina (9 inscritas).

Liga Senior Masculina.- Segunda victoria de J. Rafael que lle permite afianzarse no liderato con 31 puntos, seguido dun Sócrates Campo moi regular que suma 25 puntos; a partir de aquí sigue un grupo de xogadores cunha puntuación moi apretada: Fran 19 puntos, Moisés e J. Manuel 17, Marcelijno 16 e Arturo 15. Estamos comezando o campionato e, polo tanto, as diferenza polo momento non son moi pronunciadas; temos a un líder que trata de por terra por medio e que, seguro, vai ser obxecto dun estreito marcaxe nas vindeiras tiradas. Segundo vai avanzando a competición os xogadores van collendo forma, afinando a súa puntería; neste sentido, xogadores considerados entre os favoritos ao podium final, como pode ser Jose Vigo, deberán mellorar moito xa que corren o perigo de quedar descolgados ás primeiras de cambio.

Liga Senior Feminina.- Primeira victoria de Carmen Roca, protagonista dunha tarde excelsa, acadando 215 tantos nas súas catro tiradas, o que lle houbera permitido quedar entre os seis primeiros da Liga Senior Masculina. Realmente non deu ningunha opción ás sús contrincantes. O segundo posto foi para a actual campiona Belén Meitín cuns moi meritorios 185 tantos; xa moito máis alonxados quedou o resto de participantes.
Pois ben, a victoria permítelle a Carmen compartir o liderato con Salomé Cardoso, ambas con 14 puntos, seguidas de Belén Meitín con 11. A tenor do xogo visto ata agora, cremos que elas tres son as principais candidatas a ocupar o podium final; pero bueno, queda moita liga por diante e inda poden cambiar moitas cousas.

Liga Sub 16.- Segunda victoria, con mellor bolada inclúida, de Daniel Alonso, que está neste comezo de temporada nun estado de forma envidiable. Estalle pegando ao bolos “de cine”; os 51 tantos que lle sacou a segunda clasificada Julia López así o avalan. Froxa a tirada desenvolta polo outro gran favorito, que xogou canso, sen ideas, o que se traduxo nuns paupérrimos 116 tantos nas catro boladas.
Despois das tres primeiras tiradas, Daniel Alonso comanda con autoridade con 18 puntos, cunha ampla vantaxe sobre os irmáns López Formoso, 8 sobre Miguel e 9 sobre Julia.

A vindeira tirada vai ter lugar no Campo Municipal de Fútbol de Xove, O VINDEIRO SÁBADO, 25 DE OUTUBRO DE 2014.

Exit mobile version