Site icon Crónica3.com A Mariña

Tertulia de outono de Atalaia sobre artesanía

Asociación Atalaia organiza a Tertulia de Outono o xoves 6 de novembro ás 17.30 horas no local dos Fornos. Este ano comeza cunha conferencia sobre “La artesanía como desarrollo social y cultural” con Luis Alberto Ghiglione Carnio e Fernando Ariel Valera, ambos da “Asociación Trabajadores Artesanos” de Ribadeo, como convidados. Desde Atalaia entenden que “a artesanía pode actuar como motor de reactivación da economía de Ribadeo. O artesán, vende”. Tamén queren aproveitar o evento para presentar esta asociación artesanal que se acaba de crear e que ten moitas propostas en mente para realizar. Desde o ano 2009 veñen celebrando estas tertulias de outono onde tratan de impulsar diversos aspectos que axudarían a enriquecer Ribadeo e á comarca.

Exit mobile version