Como recén titulados, estas bolsas proporcionaralles a oportunidade de ter unha experiencia laboral no estranxeiro, de perfeccionar o coñecemento doutro idioma e de coñecer outras culturas e modos de vida. Tamén coñecerán outros métodos de traballo e ampliarán os seus coñecementos co obxetivo de facilitarlles o acceso laboral e mellorar así a súa empregabilidade.
A dirección do centro educativo é consciente na necesidade de internacionalizarse e aposta así pois por abrir as portas de Europa aos seus titulados a través da realización de programas de mobilidade para a formación.