Site icon Crónica3.com A Mariña

Turistas na Mariña

turistas-marinaDe igual xeito que a fin de semana pasada e a anterior, un grupo de persoas visitan estes días a comarca da Mariña a pesar de aloxarse en Foz. Trátase dunha experiencia na que colaboran Amigos das Viaxes para a “promoción do turismo integral de toda A Mariña”. Os turistas visitaron Viveiro, o Monte San Roque; Burela e o Monte Castelo e a lonxa de pescado; Foz e a Basílica de San Martiño; o Conxunto de Sargadelos -a pesar de que a fábrica non teña actividade en fin de semana-; Mondoñedo, coincidindo coa feira e festa das San Lucas; Lourenzá e Ribadeo, ademais da Praia das Catedrais.

Exit mobile version