Site icon Crónica3.com A Mariña

Un contacontos para bebés inicia a programación de actividades de outono na biblioteca de Foz

contacontos-fozFoz, 6 de outubro de 2014. A biblioteca municipal de Foz comezou a súa programación de actividades para os meses de outubro, novembro e decembro cunha sesión de contacontos para bebés de 0 a 3 anos, que se celebrou o pasado venres.

Pavís Pavós ofreceron o seu espectáculo titulado Palma repalma, contos para bebés, a cargo de Tareixa e Xacobe. Houbo moita presenza de nenos e pais, como destacou o concelleiro de Cultura, Ánxel Paleo Soto.

Foi unha actividade encadrada dentro do programa Ler conta moito, da Consellería de Cultura.

As actividades na biblioteca municipal de Foz continuará o 17 de outubro, venres, coa actuación de Carlos Coira, que ofrecerá o seu espectáculo Abrapalabra, maxia e poesía.

Exit mobile version