Site icon Crónica3.com A Mariña

Un total de 210 alumn@s e 10 docentes de Ribadeo participarán nunha novena edición de Cinensino

Ribadeo, 31 de outubro de 2014. Un total de 210 alumn@s e 10 docentes participarán nunha nova edición de Cinensino, o programa de educación en valores a través do cine que dirixe e coordina a responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias e outros Trastornos Aditivos, Mónica Fernández Lamparte.

Tres serán as unidades didácticas nas que traballarán os rapaces e as rapazas de 1º e 2º de ESO do colexio Sagrado Corazón e do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. E tres serán as películas que verán durante este curso 2014/2015: El camino de vuelta; Diamantes negros; e The Kings of summer. A primeira das proxeccións será o 12 de decembro ás 12 da mañá no Teatro, en Ribadeo.

Os obxectivos de Cinensino pasan por “atrasar ou impedir o inicio de trastornos aditivos na poboación destinataria do programa e fomentar entre os xoves o desenvolvemento de actividades de ocio saudables alternativas ao consumo de drogas”.

Exit mobile version