Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz denuncia o “desprezo e abandono das instalacións municipais”

O grupo municipal Unifoz ven de presentar un rogo sobre o “desprezo e abandono das instalacións municipais”.

Estes días recollían os medios de comunicación, que o equipo de goberno do PP de Foz, co seu Alcalde ao fronte ESTUDIARIAN posibles medidas de seguridade despois de que as instalacións municipais foron unha vez máis vítimas de saqueo.

A Sala Bahía, foi unha vez máis punto de mira dos ladróns, ao que hai que sumar as propias instalacións da P.Local, Casa Cultura, E.Buses..e mentres tanto este desastroso goberno está estudando.

O nulo mantemento dos edificios públicos que en catro anos non adicaron nin un solo euro a esta finalidade, ten como consecuencia que a Casa de Cultura teña un problema grave de humidades e de deterioro integral, xunto co Sala Bahía e o propio Concello.

Ante esta situación, Unifoz presenta o seguinte ROGO:

Que o equipo de goberno, proceda con urxencia a reparar as instalacións municipais

Que se proceda de forma urxente a instalación de medidas de seguridade nas instalacións municipais.

Se convoque de forma extraordinaria a Xunta de Seguridade Local, para tomar medidas urxentes contra os roubos que están sucedendo periodicamente.

Exit mobile version