Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz pide mellorar a sinalización sobre Foz na rotonda do Asador

As concelleiras do grupo municipal Unifoz, Ana Mª López Campoamor e Mª Ángeles Veiga Varela, veñen de presentar unha moción para o seu debate no vindeiro pleno municipal de Foz no que propón “instar ó Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Vivenda para que proceda a unha correcta sinalización do noso pobo, de forma particular, na chamada rotonda do Asador.

Dende Unifoz cren que “dende a posta en marcha da A8, e a súa conexión coa nacional 642 para poder entrar en Foz, presenta dificultades de sinalización”.

“Aínda que por petición dos veciños,e institucións se corrixiu algo, segue con dificultades co conseguinte prexuízo para os veciños de Foz”.

Exit mobile version