Site icon Crónica3.com A Mariña

Visita da Conselleira Beatriz Mato ás instalacións do centro de recursos para a discapacidade de A Mariña-COGAMI

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2014.- O mércores 22 de outubro, ás 11:30 horas, a Conselleira de Traballo e Benestar vai visitar as instalacións do centro de recursos que ten a asociación A Mariña-COGAMI en Xove, entidade pertencente a COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade).

Nestas instalacións impártese un programa de educación de adultos e obradoiros prelaborais de 500 horas de duración ao que acoden a diario 8 persoas con discapacidades diversas, sobre todo físicas. Neste programa impártense tanto obradoiros de estimulación cognitiva como de informática, actividades da vida diaria e talleres narrativos, de creatividade e actividades de lecer.

Outras das actividades están relacionadas coa mellora física, como é o programa Movémonos que organiza a Deputación de Lugo e no que participan 13 persoas, a actividade de Fisioterapia na que participan 9 persoas asociadas da MARIÑA-COGAMI, a actividade de natación terapéutica á que acoden 9 persoas, e tamén se impartiu un curso de formación profesional como Traballador de espazos naturais no que participaron 9 persoas inscritas no Servizo de Intermediación Laboral de COGAMI como demandantes de emprego.

Ata as instalacións do centro de recursos desprázase cada quince días un orientador laboral, Fernando Mouriño, que atende a 485 persoas e que, durante este ano, inseriu laboralmente a 31 persoas.

Exit mobile version