Site icon Crónica3.com A Mariña

Vitoria para o Ribadeo ante o Ribadumia con 2 goles de David Rodríguez

O Ribadeo suma puntos e ascende na táboa grazas á vitoria ante o Ribadumia deste domingo 5 de outubro.

A pesar dunha primeira parte sen goles e con claro dominio local, os celestes medraron ante un dos mellores da Liga e lograron dar a volta ó marcador na segunda metade.

Foi despois dos cambios de Germán e Vilachá tras un tanto de Sidibé para os locais. David anotaba o gol do empate no minuto 69. A 10 do final, e trala expulsión de Pacheco, o propio David Rodríguez repetía fazaña colocando o definitivo 1-2 no marcador.

O técnico celeste, Germán Campos, considera que “estivemos mellor na segunda parte e fomos capaces de aproveitar as nosas bazas para levar os tres puntos”.

Despois do punto acadado co empate na casa fronte ó Deportivo B (1-1), os celestes suman 8 puntos e colócanse décimo quintos da táboa a 6 do líder, o Barbadás.

O vindeiro domingo 12 de outubro o Ribadeo recibe no Pepe Barrera ó Xuventud Sanxenxo a partir das 17.30 horas.

Exit mobile version