Site icon Crónica3.com A Mariña

VOX rinde homenaxe ó día da Hispanidade e anuncia eleccións provinciais

A formación política VOX rendeu no día de onte con motivo da celebración da Festividade en honor á Virxe do Piar e do Día da Hispanidade unha sentida homenaxe a España realizando unha ofrenda floral á bandeira nacional que ondea na coraza do Orzán na coruña.

O acto, ao cal asistiron varios dos membros mais destacados de VOX Na coruña, é unha proba mais do compromiso desta formación e respecto por España e os seus símbolos como nexo de unión entre todas as súas rexións, culturas, linguas e diversidades fronte aos que non as toleran.

Ademais VOX tamén anuncia a convocatoria de eleccións internas para as coordinacións provinciais o próximo 26 de outubro de 2014, en claro proceso democrático, transparente e ao alcance de calquera cidadán afiliado en clara contraposición cos demais partidos políticos.

Exit mobile version