Site icon Crónica3.com A Mariña

Xacio Baño abre en Viveiro o ciclo de cine “Dirixido por…” impulsado por Pensamento e Sementeira

O Colectivo PENSAMENTO E SEMENTEIRA comeza a súa programación do último trimestre do ano cun novo ciclo de cine.

“DIRIXIDO por…” é un ciclo no que contaremos en Viveiro con directores e directoras de cine que nos presentarán a súa película e cos que poderemos intercambiar opinións no coloquio posterior á proxección.

Nesta primeira parte do ciclo teremos en Viveiro a Xacio Baño, Jorge Coira e Ignacio Vilar. Dependendo da resposta do público seguiríamos a programar máis proxeccións.

Este mércores 22 de outubro, ás 20:30 horas, no salón de actos do IES María Sarmiento, temos unha cita co director de cine Xacio Baño que nos presentara 5 curtas nunha sesión que durará en total 56 minutos.

Os títulos a presentar son:
– “Relación de acordes” (2010)
– “Estereoscopía” (2011)
– “Anacos” (2012)
– “Entre el relámpago y el trueno” (2013)
– “Ser e voltar” (2014)

A entrada é libre até completar o aforo.

Exit mobile version