Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornadas de iniciación á micoloxía con José Luis Cuba en Mañón

Continuando coa aposta por poñer en valor os recursos naturais, culturais e económicos das Terras da Faladora, desde Nordés propoñen unha nova actividade.

As XORNADAS DE INICIACIÓN Á MICOLOXÍA terán lugar a tarde do venres 24 e o sábado 25 de outubro. Para levalas a cabo contaremos coa presenza dun experto micólogo, o mugardés José Luis Cuba, que nos introducirá no apaixoante mundo dos fungos e dos cogumelos. Esta actividade ten un número limitado de 30 prazas e a data límite para inscribirse é o xoves 23 de outubro.

O venres 24 ás 19.00 horas terá lugar unha introducción teórica ó mundo dos fungos na Sala de Actos do Concello de Mañón. Esta introducción durará dúas horas e estará centrada nun primeiro achegamento ó mundo dos cogumelos, con intención de ampliar para o ano a aprendizaxe en futuras xornadas. Centrarase pois nunhas poucas especies en concreto e e estará aberta a cuestións e preguntas dos participantes, previamente apuntados no acto.

O sábado pola mañá, a partires das 07.30, faránse unha saída ó monte no que se ten pensado visitar tres tipos de “hábitats” (posiblemente un pinar, unha fraga e unha zona frondosa ou un prado). O punto de reunión da mañá decidiráse nas xornadas do ventes, compartindo vehículos entre os presentes. Cando se remate a tarefa de recollido, farase unha selección do material atopado e portado nas cestas.

Ese mesmo día, a partir das 20.00 horas, no Mesón O Malecón en Ortigueira, procederáse á limpeza e preparación do material recollido para unha degustación. O prezo desta serían 5 euros por persoa e é unha actividade opcional.

Exit mobile version