Site icon Crónica3.com A Mariña

Xunta e Concello invisten 30.000 euros en substituír equipos de iluminación en Burela

iluminacion-burelaBurela, 8 de outubro de 2014. Comeza en Burela a substitución de equipos de iluminación en tres zonas. Os traballos suporán un investimento de 30.000 euros, dos que a Xunta aporta o 80% a través dunha subvención, segundo deron a coñecer no día de hoxe o alcalde, José Mª González Barcia, e o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle.

O primeiro tenente de alcalde explicou que “se tratada substitución de 170 equipos de iluminación na zona de Vilar na saída cara Cervo, na rúa da Igrexa e na rúa Vilaestrofe. No proceso de adxudicación da obra conseguíronse melloras importantes que nos permitirán cambiar outros 98 equipos naqueles puntos nos que se rexistre un maior consumo de enerxía eléctrica, pero neste caso será sen custe para o Concello”.

O rexedor subliñou que “isto facilitaranos aforrar enerxía e cartos. Grazas ao aforro do ano pasado e ao deste 2014 poderemos recuperar un punto de luz en todos e cada un dos báculos das farolas que tivemos que anular hai un par de anos. No caso das farolas que conten con dous puntos de luz acenderase un, e no caso das interseccións manteranse acesos todos”.

Exit mobile version