Site icon Crónica3.com A Mariña

XXVI Tirada de Bolos en Xove

Xove, 29 de outubro de 2014.- Tarde moi agradable cun sol radiante. Campo en perfectas condicións. 33 inscritos.

Liga Senior Masculina.- Xornada moi disputada, tanteos moi igualados onde o máis salientable, ademáis da victoria de Moisés, foi que xogadores como Sócrates Campo, Marcelino Rodríguez ou Arturo Vigo non conseguiron puntuar. A clasificación sigue comandada por Rafael González con 38 puntos, cun xogo moi sólido e regular; por detrais, Moisés acada esta posición grazas á súa excelente tirada, a cal lle sumou a mellor bolada. Por agora non hai grandes diferenzas, e os favoritos van collendo posicións na cabeza. Alex Meitín, vixente campión, puntúa por primeira vez na súa primeira participación esta tempada; vai ser difícil que renove título xa que este ano estase adicar máis ao fútbol nas filas da U.D. Xove-Lago. Por último, sinalar que xa conseguiron puntuar 18 xogadores distintos nesta categoría.

Liga Senior Feminina.- Segunda victoria de Carmen Roca, xogadora que gañou a primeira edición desta Liga e que este ano vai a polo seu terceiro entorchado. A verdade é que está xogando a un nivel tremendo, dando moi poucas opcións ás súas rivais. Parece que só Belén Meitín, a actual campiona, é capaz de aguantar o tirón de Carmen. A outra gran protagonista do trio favorito nesta súa primeira tempada, Salomé Cardoso, que comezou cunhas grandes prestacións, parece que vai de máis a menos, non sendo capaz siquer de puntuar nesta tirada, co cal pasa do liderato compartido con Carmen á terceira posición.

Liga Sub 16.- Nova victoria, e xa van tres, de Daniel Alonso. Con 25 puntos, cáseque dobla a Miguel López, o outro gran favorito, e que xogando moi descentrado. Esperamos que Miguel reaccione nas vindeiras semanas, xa que neste intre está a render moi por debaixo das súas posibilidades, pero debe centrarse. Por detrais outros xogadores/as que, cáseque con toda seguridade, só lles quedará a disputa polo terceiro posto, se como presupoñemos Daniel e Miguel van copar o podium.

A vindeira tirada deberíase celebrar no campo do Centro Social de O Cruceiro, pero a boleira deste campo non está neste intre en condicións, e non deu tempo a poñela en funcionamento, esperando tela lista para segunda volta do campionato. Debido a isto, PASAMOS A TIRADA DO CRUCEIRO AO CENTRO SOCIAL DE SUMOAS ESTE SÁBADO, 1 DE OUTUBRO DE 2014.

Exit mobile version