Site icon Crónica3.com A Mariña

135 alumn@s de 5º e 6º de EPO dos colexios de Ribadeo, Barreiros, Trabada e A Pontenova participan no programa ‘Entrenamento en habilidades sociais’

Ribadeo, 10 de novembro de 2014. Un total de 135 alumn@s de 5º e 6º de EPO dos colexios Sagrado Corazón e Gregorio Sanz, de Ribadeo, dos colexios de San Cosme e San Miguel, de Barreiros, e dos centros de Trabada e A Pontenova participan no programa Entrenamento en Habilidades Sociais (reais e na rede), que coordina a responsable do programa de prevención de drogodependencias e outros trastornos aditivos do Concello ribadense.

Mónica Fernández Lamparte explica que “o programa de Habilidades Sociais consta de catro sesións nas que aprendemos vía rol-playing e tamén con vídeos e instrucións, habilidades como saber dicir que non, saber queixarse en discutir, saber dicirse cousas agradables e unha última sesión adicada ás habilidades na rede, tanto nas redes sociais como nas apps de móbiles co obxectivo de previr ciberacoso, sexting, etc…”.

Fernández Lamparte agradece “o esforzo @s titores/as e ao resto dos docentes destes centros, xa que estas actividades se desenvolven en horario escolar”.

Exit mobile version