Site icon Crónica3.com A Mariña

28 de novembro, Día das Librarías

27.11.2014. A Federación de Librarías de Galicia únese a IV edición do Día das Librarías, unha cita que concirne a todos, similar ás que se celebran en boa parte dos países do noso ámbito, coa que se quere recordar á sociedade o peso que a libraría ten no tecido cultural dun país e a extraordinaria importancia do índice de hábitos de lectura para definir a posición dunha nación no mundo ou no contexto que lle é propio.

Os visitantes poderán obter un 5% de desconto nas compras que realicen neste día e gozar da presenza de escritores, contacontos e outros personaxes nas librarías. Ademais de poder participar nun concurso no Twiter para gañar un dos seis vales de 160 € en libros que se sortean.

Con esta celebración anual, quérese non só poñer en valor o libro, senón ademais incitar a lectores e non lectores a que reserven un oco nas súas axendas para visitar as librarías e descubrir, da man do libreiro, os mundos que o libro pon ao seu alcance, dende o convencemento de que a lectura é unha das experiencias máis enriquecedoras da vida.

Exit mobile version