Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” celebra un gran magosto por San Martiño

Este martes 11 de novembro, día de San Martiño, a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” celebra un gran magosto no que participarán os usuarios de tódolos dispositivos cos que conta a asociación.

Así a Unidade Residencial, localizada no Concello de Cervo, acollerá unha xuntanza durante a que celebran unha comida todos xuntos (14.00 horas) que rematará coa degustación de castañas asadas.

“Coa celebración desta festa contribuímos a coñecer e manter as tradicións populares e tamén a traballar as habilidades sociais dos nosos usuarios, consolidar un grupo social de apoio e aprender a disfrutar do tempo de ocio, así como a mellorar a calidade de vida dos nosos usuarios”, aseguran dende o colectivo.

Exit mobile version