Site icon Crónica3.com A Mariña

A Asociación Galega de Bioconstrucción e o Casino de Mondoñedo organizan as xornadas “Poñer en valor a madeira e o patrimonio arquitectónico”

O Círculo de Recreo Casino de Mondoñedo e a Asociación Galega de Bioconstrucción organizan as xornadas “Poñer en valor a madeira e o patrimonio arquitectónico” que se celebrarán entre o 29 e o 30 de novembro nas súas instalacións de Mondoñedo.

Sábado 29 novembro 2014
10:00-10:10 Presentación das xornadas de ESPIGA. Casino de Mondoñedo.
10:10-10:30 Bosques, madeiras e os cascos históricos en Galicia. Patrimonio arquitectónico do Casco Histórico de Mondoñedo. Dña. Marta Candocia, Arquitecto, responsable da oficina de Rehabilitación de Mondoñedo
10:30-10:50 Exemplos de rehabilitacións en 2 casas históricas na cidade de Mondoñedo mediante técnicas tradicionais. D. Paul van der Mel, Arquitecto e D. Rupert Kolb, Carpinteiro-Ebanista.
10:50-11:30 Patoloxas de tipo estructurais máis habituais en edificios de cascos históricos. Explicación de reparación de viga de carballo do edificio do Circulo de Recreo Casino de Mondoñedo. D. Josu Benito, Arquitecto. ASDIMA.
11:30-12:00 Patoloxías de tipo biolóxico máis habituais en edificios de cascos históricos. Patoloxías do edificio do Circulo de Recreo Casino de Mondoñedo. Termitas en cascos históricos. D. David Lorenzo, Enxeñeiro de Montes.
Taller de exposición das mostras de madeiras empregadas en rehabilitación e mostras de patoloxías de madeiras.
12:00-12:30 Café
12:30-13:15 Visita ao edificio do Casino de Mondoñedo século XIX. Forxados de Roble. Reparación de viga de Roble. Patoloxías en Madeiras. (GRUPO 1)
13:15-14:00 Visita ao Pazo de Santomé Siglo XVIII. Cuberta de Castaño. (GRUPO 1)
14:00-15:30 Comida (Concurso tapas).
15:30- 16:15 Visita ás Cubertas da Catedral de Mondoñedo. Guiados por D. Valentín Insua, Guía Turístico e Campaneiro da Catedral de Mondoñedo. (GRUPO 1)
16:15-17:00 Visita edificios Rehabilitados casco histórico de Mondoñedo. (GRUPO 1)
17:00-18:00 Visita ao Museo Catedralicio. Estruturas de Madeira, pezas e elementos de Madeira (2 euros entrada). (TODOS GRUPOS)
18:00- 18:30 Café.
18:30-19:30 Debate. Fin xornada. Casino de Mondoñedo.

Domingo 30 novembro 2014
10:00-14:00 Visita ás fontes naturais e antigas conduccións de abastecemento de auga da Cidade de Mondoñedo (inclúe ruta de sendeirismo). Guiados por D. Valentín Insua.

14:00-15:30 Comida. Fin xornada.

Exit mobile version