Site icon Crónica3.com A Mariña

A Casa da Cultura de Foz acolleu a charla médica sobre enfermidades asociadas á idade

211114 FOTO CHARLA MÉDICA DE ONTE EN FOZFoz, 21 de novembro de 2014.- A casa da cultura de Foz acolleu onte á noite a segunda das charlas médicas do ciclo organizado polo Concello de Foz, a través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor, coa colaboración do Hospital da Costa. Nesta ocasión a doutora Clara Fernández Peña, especialista en Medicina Interna, falou de enfermidades a asociadas á idade.

O ciclo rematará o vindeiro xoves, día 27, coa charla que ofrecerá ás oito da tarde na casa da cultura focense o doutor Luis López Díaz, especialista en Neuroloxía, que falará sobre deterioro cognitivo e envellecemento.

Exit mobile version