Coa incorporación do balneario de Guitiriz ao programa, a Deputación ofrece a lucenses maiores de 50 anos outras 500 prazas subvencionadas para recibir tratamentos termais neste establecemento. Trátanse de descontos de 50 euros para os seguintes paquetes:
– 6 días con 5 noites de estancia
– 5 pensións completas
– día de entrada, domingo: incluídos cea e aloxamento.
– día de saída, venres: incluídos almorzo e comida e 8 técnicas de balneario.
Os interesados poden facer xa a súa solicitude, presentando o modelo de inscrición, que se atopa en www.deputacionlugo.gal, no Rexistro do Pazo de San Marcos. Máis información no 982-26-00-75.
Estas 500 novas prazas subvencionadas no balneario de Guitiriz, engádense ás 700 xa adxudicadas para tratamentos termais nos balnearios de Lugo, Pantón e Palas de Rei. “Deste xeito, conseguimos que un total de 1.200 lucenses maiores de 50 anos se beneficien de descontos en instalacións termais da provincia coa cuarta edición desta programación. Todo isto, logo de que o fixesen outras 3.000 persoas grazas ás anteriores tres convocatorias de Termalismo no Camiño que puxemos en marcha con fondos europeos”, subliñou o voceiro.