Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación traballa para restablecer a estrada de Bravos a Pantaleón no Concello de Ourol

estrada-ourolOs técnicos da Deputación de Lugo están a traballar na estrada LU-P-3807, que une Bravos con Pantaleón por Foxo, no Concello de Ourol para restablecer o antes posible a normalidade do tráfico neste vial logo dun corremento de terreo que dificulta a circulación por un dos carrís desta vía, que se atopa perfectamente sinalizada.

Logo de recibir o aviso e coa maior brevidade, os traballadores provinciais achegáronse á zona onde constataron que nunha das cunetas había un desprendemento, froito do derrubamento do terraplén que sustentaba a LU-P-3807. Así, inhabilitouse parte da estrada, aproximadamente metro e medio, para evitar que os vehículos se acheguen a esta parte da estrada e garantir a seguridade das veciñas e veciños desta zona.

As características do derrubamento fan necesario acondicionar un novo treito desta estrada, polo que aínda non é posible precisar a duración dos traballos. Os responsables de infraestruturas recomendan circular con precaución por este tramo.

Exit mobile version