Site icon Crónica3.com A Mariña

A Federación de Librarías de Galicia e ABANCA impulsan o crédito ao comercio

abanca-libreiros10.11.2014. A Federación de Librarías de Galicia e a ABANCA e veñen de asinar un novo convenio que reforza a súa colaboración e proporciona produtos e servizos financeiros adaptados as necesidades dos autónomos e pemes que exercen a súa actividade neste sector.

A presidenta da Federación de Libarías de Galicia, Pilar Rodríguez Álvarez, e o director da Banca Minorista de ABANCA, Gabriel González Eiroa, rubricaron hoxe un acordo que reforza a aposta que mantén a entidade financeira co comercio tradicional de Galicia.

Este convenio pon o acento na reactivación comercial por medio do crédito, unha peza básica para acadar a posta en marcha de novos proxectos e a mellora da competitividade dos actuais.

Os asociados accederán a condicións melloradas na contratación de produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, entre outros. Así como exencións de comisións, tarifas personalizadas nos TPV e asesoramento personalizado.

ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia, algunhas delas especializadas en empresas.

A Federación de Librarías de Galicia agrupa dende 1.977 os intereses dos profesionais do libro da nosa comunidade, que xeran traballo e valor no comercio de proximidade.

Exit mobile version