Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación TIC achega a Burela unha xornada sobre nutrición

O próximo luns, día 1 de decembro, a Deputación Provincial, coa participación da Fundación TIC, organiza unha xornada sobre nutrición, denominada NUTRETIC, adaptada ás novas tecnoloxías e para participantes maiores de 55 anos.

Esta xornada impartirase nas aulas que o concello de Burela ten en Arcadio Pardiñas, no mesmo lugar onde estivo a Fundación Expomar, e será en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas.

As persoas interesadas poden anotarse no concello de Burela ata as 14.00 horas do venres día 29.

As xornadas de NUTRETIC están tendo moito éxito de participación en todos os lugares da provincia que o solicitaron dado o grande interese que o tema ten para aproveitar a alimentación como método para manter e mellorar a saúde.

O concello de Burela deu todo tipo de facilidades para poder impartir esta xornadas obre nutrición.

Exit mobile version