Site icon Crónica3.com A Mariña

A Oficina Municipal de Rehabilitación de Mondoñedo apoia unha visita guiada relacionada coa madeira estrutural

Como continuación das II Xornadas de Bioconstrución sobre a madeira estrutural, Espiga propón unha viaxe ata Mondoñedo da man de David Lorenzo Fouz (Enxeñeiro de Montes, e especialista en patoloxías da madeira) e apoiados pola Oficina de Rehabilitación de Mondoñedo, para visitar algunhas obras de interese, relacionadas coa madeira e co patrimonio arquitectónico. Será o vindeiro sabado 29 de novembro a partires das 10.00 horas.

Visitas:
-. Reparación da viga do casino de Mondoñedo
-. As Cerchas da cuberta da catedral
-. A rehabilitación do antigo cuartel da Guardia Civil
-. Rede romana de saneamento
-. e algunha que outra sorpresa máis.

Para os que queiran quedarse o domingo, tamén se organizarán visitas guiadas por Mondoñedo.

A visita é de balde, pero é necesaria a inscrición previa, cubrindo o formulario que aperece na paxina web de Espiga: http://espigabioconstrucion.org/.

Exit mobile version