Site icon Crónica3.com A Mariña

A sección da CIG en Alcoa critica o proceso de poxa anual que “xera unha tensión permanente sobre o futuro da factoría”

A CIG recorda que o pasado luns a dirección de Alcoa informaba ó Comité, de palabra e por escrito con acuse de recibo, dos resultados da poxa polos servizos de interrumpibilidade para as tres plantes de primario (San Cibrao, A Coruña e Avilés) manifestando que non acadara os servizos suficientes e esenciais para a súa viabilidade.

O sindicato recorda que “de 6 paquetes de 90 MW que se necesitaban (4 para San Cibrao, 1 para A Coruña e 1 para Avilés) Alcoa só acadou 3, todo para San Cibrao”.

E o escrito remataba indicando que ían analizar a fondo os resultados e impacto da poxa e que se porían en contacto co Comité en canto fose posible para falar sobre os posibles pasos a seguir.

Diante da pasividade do Comité de Empresa, a CIG decidiu informar aos traballadores da reunión mantida o pasado luns 24 de novembro coa dirección. “A maiores e dende o secretariado de Industria da CIF solicitouse, xa o martes 25, unha reunión co director de Primario, Rubén Bartolomé, para falar e tentar garantir o futuro dos postos de traballo que Alcoa ten no país”.

O feito de que a información fose comunicada por escrito e con acuse de recibo fainos pensar no inicio oficial dun proceso, que aínda descoñecido cal vai ser o seu remate, non augura nada bo”. Con todo, “a dirección manifestounos que o impacto para San Cibrao en principio non é tan demoledor coma para A Coruña e Avilés que, pendente de analizar estratexias, indicou que quedaban nunha situación moi difícil”.

Tachan de “irresonsable” ó Ministro de Industria pola “nefasta xestión que pon en grave perigo máis de 2.000 postos de traballo directos no país e que, por riba, se desentende defendendo o sistema de poxa e achacando a situación de Alcoa á propia empresa”. Ademais, engaden que “é a súa responsabilidade garantir o tecido industrial propio, incluso diante das leis do mercado, de non ser así é obvio que o que sobra é o Ministerio”, cren dende a central sindical.

Así pois, critican o proceso de poxa anual que, “incluso salvando o ano 2015, xera unha tensión permanente sobre o futuro da factoría, nunha empresa coma Alcoa que reclama coñecer e garantir o prezo da súa tarifa a medio prazo. Tanto para a súa inmediata viabilidade, como para xustificar inversións cun retorno por enrriba do ano”.

Para rematar dende a CIG manifestan que “se pon de novo en evidencia a necesidade de soberaní nun país coma Galiza que sendo excedente en enerxía eléctrica non lle deixan articular as propias leis para garantir a supervivencia da súa industria”.

Exit mobile version