Site icon Crónica3.com A Mariña

ACIA Foz repartiu 300 euros o pasado venres

campañazp-fozVíctor Manuel García González e Kelly Cintia González foron os gañadores do Campañazo de Acia Foz do pasado venres, 14 de novembro. A cada un correspondéronlle 150 euros en vales de compra para gastar nos locais asociados a Acia Foz. Os premios fóronlles entregados na cafetería Express, que foi desde onde seguiron o sorteo. Víctor Manuel García fixérase co seu cartón en Calzados Pirde e Kelly Cintia González recibira o seu cartón na propia cafetería Express. Outra dez persoas resultaron agraciadas tamén o pasado 14 de novembro. Este venres terá lugar o sorteo do terceiro Campañazo de Acia Foz deste mes de novembro. Será a partir das 23.00 horas.

Exit mobile version