Site icon Crónica3.com A Mariña

‘Activando o teu futuro’ no Vicedo e Mañón

A Oficina Municipal de Información Xuvenil do Vicedo e a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Mañón organizan a charla “ACTIVANDO O TEU FUTURO”.

As OMIX de O Vicedo e Mañón, xunto coa Rede Galega de dinamización Xuvenil da Xunta de Galicia organizan este sábado 8 de novembro ás 17.00 horas na Casa da Cultura do Vicedo unha charla chamada “Activando o teu futuro”. Trátase dunha charla participativa onde técnicos da Xunta de Galicia falarán sobre os seguintes puntos:

-Busca de emprego: Define o teu obxectivo

-Simplifica o teu curriculum vitae

-A proba das redes sociais

-Adquire formación

-A importancia da educación non formal e voluntariado

-Descubre a túa vocación e activa a creatividade

-Creación da rede de contactos de emprego

A charla ten unha duración de hora e media e os menores de 30 anos obterán un certificado que acreditará a asistencia á mesma.

Teatro
Por outra banda, volve o teatro afeccionado ó Vicedo. Este sábado 8 ás 19.30 horas o grupo Metátese teatro presenta a obra “Facemos a Guerra”, onde trata o tema da guerra desde o punto de vista do absurdo. Entrada gratuíta.

Exit mobile version