Site icon Crónica3.com A Mariña

ADEGA impulsa unha limpeza submariña en Cervo o sábado 29 de novembro

O próximo sábado 29 de novembro ADEGA colabora na Limpeza Submariña organizada pola CEMMA, que se celebrará no Concello de Cervo (Lugo), na Praia de Cubelas a partires das 10.00 horas.

A limpeza enmárcase nunha xornada de educación ambiental e de conservación do medio mariño, na que haberá diferentes actividades.

As persoas que o desexen poderán participar tanto nas actividades en terra (obradoiros, recuperación de fauna mariña recollida…), como nas actividades mariñas (en caso de posuir título de mergullo).

Haberá xantar para @s participantes e pola tarde unha mesa redonda sobre o impacto da contaminación no medio mariño.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 19 de novembro
CONTACTO MERGULLADORAS/ES: CAS Costa de Lugo cascostalugo@gmail.com 637 729 123 (Julio)
CONTACTO CEMMA: voluntariadocemma@gmail.com 646 013 385 (Paula)

Exit mobile version