Site icon Crónica3.com A Mariña

ADICAE celebrará en Viveiro unha charla sobre “cláusulas suelo” e execucións hipotecarias

A Coruña, 25 de novembro.- Os datos do Banco de España demostran que a crise hipotecaria segue sen frear. Di o supervisor que caen as entregas de vivendas, pero os procedementos de execución mantéñense, o que implica un ‘limbo’ de polo menos 70.000 consumidores hipotecados á espera *simplemente de que lles boten dos seus fogares. Familias que quedan nunha especie de “corredor da morte” hipotecario, a expensas do desahucio e dos abusos que veñen aparellados con el e coa débeda pendente, o drama hipotecario na súa máxima expresión.

Co obxecto de que o consumidor estea informado sobre os dereitos que ten unha vez chegado a un procedemento de execución hipotecaria e, sobre todo, como previlo e evitalo, ADICAE realizará unha charla informativa o mércores 26 de novembro a partir das 18 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro.

Impartida por unha técnico de consumo e polo avogado colaborador de ADICAE, José L. Barral, a charla está dirixida non só a afectados, senón a todo aquel que estea interesado en entender a letra pequena das hipotecas, desde como localizar e denunciar as abusivas cláusulas chan, a saber en que consiste un procedemento de execución hipotecaria, no que por desgraza o consumidor segue nunha inxusta desventaxe fronte ás entidades bancarias, ou simplemente coñecer cales son os mecanismos de negociación extraxudicial para evitar chegar a un procedemento executorio.

Exit mobile version