Site icon Crónica3.com A Mariña

ALCOA San Cibrao terá que pagar un maior custe pola tarifa eléctrica segundo a recente subasta pública

San Cibrao, 24 de novembro de 2014.- A dirección de ALCOA San Cibrao convocou con urxencia o Comité de Empresa para informalo do resultado da poxa pública celebrada recentemente pola tarifa eléctrica que terá que pagar a partir do un de xaneiro. Non nos deron o prezo final desta pero o comentario é que teremos que pagar un prezo mal alto que o desexable para sacar adiante a produción de aluminio nos seus tres fabricas de Avilesino, Coruña e San Cibrao, onde as dúas primeiras saíron peor paradas que San Cibrao. Esta poxa é soamente para fixar o prezo por un ano, isto tamén resulta un contratempo xa que ALCOA esixe coñecer os seus custos a longo prazo para poder formularse novos investimentos, por ese motivo salvo o investimento do gas, por agora non hai previsto outras melloras que mellores o futuro da empresa.

O CSI-F volve preguntar por eses investimentos que sempre saen na prensa en campaña electoral como é rematar o actual peirao de carga que pola súa saturación está a impedir aumentar a produción, ou abrir do Dique Norte que está sen utilizar a pesar do seu gran potencial para atraer novas empresas. Sen esquecer que despois de 35 anos aínda non temos conexión coa autovía nin coa liña do FEVE á nosa fábrica para abaratar custos ao enviar o aluminio á fábrica de Amorebieta en Bilbao. Exemplo de como se deixou pasar o tempo, é que a final de mes ALCOA asina a venda das súas fábricas de Bilbao e Alicante, e cada ano que pasa se perde a oportunidade de sacar rendibilidade a posibles investimentos que no futuro serán difícil de xustificar.

Estamos en mans dos políticos que son os que teñen a última palabra.

Exit mobile version