Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfonso Fuente asegura que ata o momento non se están a producir incidencias en Barreiros co verquido de gasóleo ao río Baos

Barreiros, 21 de novembro de 2014.- O alcalde, Alfonso Fuente, asegura que ata momento non se están a producir incidencias en Barreiros co vertido de gasóleo ao río Baos, que se producía en Lourenzá na mañá deste venres. Dese río se abastece a zona interior barreirense.

O rexedor explicou que “hoxe á mañá recibía unha chamada da alcaldesa de Lourenzá, a compañeira Emma Álvarez, para informarme dun vertido de gasóleo ao río Baos, por si podía afectar á captación de auga de Barreiros. Eu falando coa persoa que está ao cargo deste asunto confirmoume que desde as cinco da mañá non se está a bombear, os depósitos están cheos e neste momento non se notan vertidos na zona da captación”.

Fuente Parga subliñou que “non estamos captando auga nin vamos a captar. Alí, en Lourenzá, están traballando técnicos de Medio Ambiente e seguramente que ese vertido non lle afecte a Barreiros. Pero non captaremos auga en tanto non nos digan desde Medio Ambiente que si o podemos facer con total seguridade. Iso podería afectar ao abastecemento a partir de mañá no interior do noso concello. Na costa, como se abastece desde A Barranca e desde San Estevo non hai ningún problema”.

E insistiu en que “neste momento non se están a producir incidencias en Barreiros con ese vertido que se produciu en Lourenzá”.

Exit mobile version