Site icon Crónica3.com A Mariña

Alternativa Galega de Esquerdas da Mariña apoia o 29 N ‘Ocupemos o Obradoiro’

O vindeiro 29 de novembro as as xentes da Mariña estaremos presentes nas Marchas da Dignidade que encherán a praza do Obradoiro para reclamar “PAN, TRABALLO E TEITO” para todos e todas, seguindo o chamamento das organizacións sociais, sindicais e políticas da esquerda nacional galega
que conforman a columna galega das Marchas da Dignidade.

Desde a Alternativa Galega de Esquerda da Mariña facemos un chamamento á cidadanía consciente da nosa comarca para que, colectivamente, tomemos a iniciativa cara a mudar o estado de cousas nas que, coa coartada da crise, nos meteron os poderes económicos coa colaboración dos governos.

As persoas que queiran participar van ter á súa disposición un autobús, que sairá da estación de autobuses de Ribadeo ás 09.00 da mañá, facendo paradas en Barreiros, Lourenzá, Mondoñedo e Vilalba. Os/as interesados/as deben reservar a súa praza antes das 12.00 horas do xoves 27 no correo agee@damarinha.eu ou ben a través do teléfone 630970132.

Exit mobile version