Site icon Crónica3.com A Mariña

Asistencia psicolóxica de Axuda á Muller de Burela tras unha agresión en Fazouro

Unha muller de Fazouro recibirá asistencia por parte dun psicólogo do Centro de Axuda á Muller de Burela a partir deste venres 7 de novembro despois de sufrir unha agresión no seu domicilio a finais do mes de outubro.

A afectada xa puxo unha denuncia ante a Garda Civil manifestando que “un inquilino da outra vivenda da súa propiedade entrou á cociña onde a agarrou do peito dereito polas costas chegando a rasgarlle o vestido. Tras un empurrón contra a mesa, o agresor abandonou a vivenda”.

Despois de poñer os feitos en coñecemento das forzas da orde, foi asistida no centro médico de Foz onde lle diagnosticaron unha “contusión na mama dereita”. A muller xa segue un tratamento psicolóxico imposto pola súa médica de cabeceira.

Exit mobile version